







Nébeda Nébida Nebi entrega-nos isto: "Envíovos a miña primeira tatuaxe. Na súa orixe foi unha humilde homenaxe a aqueles versos de Manuel Antonio que aparecían en De catro a catro: Eu son. O meu nome acenderá unha estrela nova en cada constelación. Gustoume tamén a rotundidade da frase, o seu minimalismo e o pouso identitario. Hoxe gústame completala con palabras que me definen e me lembran o que EU SON. *Fotografía: Karlos Abal."
Eva Arias, proverbial: "Nunca chove que non escampara"
Miriam Otero Hernandez fainos chegar este tattoo, minimalista e positivo!
Lucía Teijeiro Lorenzo envía dúas tatuaxes moi especiais. "Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón..." é un verso de Álvaro Cunqueiro, dun dos poemas de amor dun dos nosos libros favoritos: "Poemas do si e non", de 1933 ELA -POEMA 5 No meio do seu peito os veleiros armaran unha rede tímida que tiña unha voz chea de lámparas i eclipses e un párpado tecido polos ventos. Ela seguía sendo universal e nidia. Unha gorxa chea de distancias era a frauta que encantaba os ecos esquecidos no funda das correntes mariñas, permutadas de cauces onde as illas mouras dos seus ollos. Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón. ... De feito, Lucía tirou unha das súas fotos en Mondoñedo, a terra autor de "Merlín e familia", e por detrás dela vese ao escritor que deixou escrito na súa lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" Bravo por Lucía! Bravo por Cunqueiro! denantes serea
denantes Charo López: "Segue o caminho das boas e generosas", feminista e pondaliano ;)
Lucía Teijeiro Lorenzo envía dúas tatuaxes moi especiais. "Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón..." é un verso de Álvaro Cunqueiro, dun dos poemas de amor dun dos nosos libros favoritos: "Poemas do si e non", de 1933 ELA -POEMA 5 No meio do seu peito os veleiros armaran unha rede tímida que tiña unha voz chea de lámparas i eclipses e un párpado tecido polos ventos. Ela seguía sendo universal e nidia. Unha gorxa chea de distancias era a frauta que encantaba os ecos esquecidos no funda das correntes mariñas, permutadas de cauces onde as illas mouras dos seus ollos. Ela estaba lonxe de todo. Todo estaba ao seu carón. ... De feito, Lucía tirou unha das súas fotos en Mondoñedo, a terra autor de "Merlín e familia", e por detrás dela vese ao escritor que deixou escrito na súa lápida: "Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis" Bravo por Lucía! Bravo por Cunqueiro!
Román Gonzales, de Yakuzza Tattoo & Piercing, desde Vigo; Denantes!
denantes galiza trisquel
denantes escudo Carol Laya, tamén desde a emigración, escribe: "Velaqui a minha pequena contribución. A frase? Simplemente algo que nunca deberiamos esquecer e para non esquecelo nada mellor que levalo na pel de por vida"
Old Skull Tattoo envía estas fotos! Tatuaxes con mensaxe! A nosa lingua, a flor de pel! Autor das fotos: Miguel Herrero
G
"Camiñamos xuntos" "Eche o que hai"
Miguel López envía a súa tatuaxe en galego e cóntanos: "É unha frase miña e nela pódese ler "Ás veces a vida pode ser tan sinxela coma unha caña e un bo amigo". Está feita con letra tipo "máquina de escribir" e como saberán, pola tinta ou por cargar máis na tecla había letras que quedaban moito máis marcadas que outras. Pois ben, todas as letras que se ven con máis tinta son iniciais ou letras pertencentes a nomes de amigos meus
Hector Hermilla comparte con nós a foto da súa tatuaxe cos últimos versos do poema "Longa noite de pedra", de Celso Emilio Ferreiro: “Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan feitos están tamén de pedra e eu, morrendo nesta longa noite de pedra”
Ro Seque, Rosana Sequeiros, tamén participa con dúas tatuaxes! Tremendo o poema de Rosalía sobre a súa pel. Linda e rebelde, a serea, a sorrir


Alba de Groria envíanos esta tatuaxe: Liberdade! E aquí vai o principio do emocionante texto que Castelao escribiu e, co título "Alba de Groria", leu no ano 1948 no Día da Patria. Miñas donas e meus señores: SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.






Xiana Quintas, Xaia Queen, entrega-nos esta foto e conta: "Eu son a autora da foto, non a dona da tatuaxe. Esta foto é unha captura analóxica sen tratamento dixital dunha proxección doutra foto minha sobre un corpo nú e tatuado! Espero que gosten."
Alexandre Tenorio Gallego envia-nos estas fotos de tattoos.


Sara Da Silva Pérez envia-nos esta marabilha! "Denantes mortos que escravos" bufanda
Habelas hainas! Este tattoo chéganos de Bonshyo Tattoo Estudio, através de Tattoo Ourense. O seu autor: Ados.
Ivan Gallego, desde o Morrazo, envíanos unha serea: "Denantes mortos que escravos" serea na perna
A fotografa neste caso é de Emma Fernández Santalices e a persoa tatuada Rebeca Fernández Santalices: liberdade e pluma
"Sempre adiante", de Paula Chaves Perez
Ivan Gallego: "O que non mata fortalece!" E a serea coa fouce e a estrela!
Sonia, de Vilagarcia, A Ferreira de Soilán, envia-nos este tattoo musical, que nos deixa umha copla na boca: "Teño pena e aleghría, teño dous males a un tempo, cando a pena me mata a aleghrìa dáme alento." E conta-nos: "Levo dende os 18 anos cantando e tocando a pandeireta, agora teño 36...así que máis da metade da miña vida está ligada a este instrumento e á cultura galega. Sempre souben que me tatuaría algo que manifestase este vínculo, pero non tiña moi claro o deseño nin o sitio. Despois de moito pensar e de 14 tatuaxes xa no meu corpo, vino claro e aquí está o resultado. A copla é unha das que cantamos no meu grupo e síntome identificada con ela, ademais de parecerme preciosa. Espero que vos guste!
"Hai catro cabalos na miña habitación danzando" verso de Lupe Gómez e foto de Manu Lago

Eva Arias envíanos outra tatuaxe: "Denantes mortos que escravos", Castelao, sempre! fouce grande
Sergio Simons envíanos estas dúas fotos e explícanos: "Déixovos a miña tatuaxe, que tanto me custou decidir, coa miña frase favorita do meu escritor preferido "Denantes mortos que escravos" E tamén ese momento de dor e alegría de facerme a miña primeira tatuaxe. Por suposto, dicir que me encanta a idea que tivestes facendo este concurso, un absoluto acerto, ao xuntar a nosa lingua e identidade coas últimas tendencias, deixando claro que o galego non é pasado, se non que só mira cara ao futuro" trisquel/denantes + foto máquina
Davide Galego envia-nos as fotos de quatro tatuagens impresionantes da Naçom de Breogám! Obrigad@s! Naçom de Breogám, Pontevedra+ Orgulho galego, Onde o vento me leve, Denantes mortos que escravos
Desde Italia, Giulia Gucciardi conta-nos: " Ola, son Giulia, unha rapaza italiana que o ano pasado estivo a vivir en Vigo durante 13 meses. Fixen un curso de galego e encantaríame aprendelo!! Nada, lin no Faro de Vigo que estades facendo o concurso de tatuaxes e quería participar. Envíovos a foto do meu. ; ) Moitas grazas. Agora tiven que voltar a Italia para acabar a carreira... Cando me gradúe múdome á Galiza" ombro desde arriba
Silverio Outeiro, que formou parte dum dos melhores grupos da nossa história, Xenreira, e mais tarde de Labregos do Tempo dos Sputniks, envia este tremendo tattoo!

A tatuaxe de Alexandre Fondevila: "Forte coma unha rosa e bonita coma un carballo"



















Sem comentários:
Enviar um comentário