
Noelia Darriba envíanos estas tres fotos de tres tattoos diferentes... mais que son o mesmo, e cóntanos a súa bonita historia: "Ola, esta é a miña aportación para tan admirada iniciativa. Trátase dun triskel coas iniciais de tres amigas de vida, cada unha lévao nunha parte do corpo: eu no pé, Ana, no ombro dereito e Lorena, na caluga. Dise que o triskel na cultura celta representa a evolución e o crecemento, representa o equilibrio entre corpo, mente e espírito. Manifiesta o principio e o fin, a eterna evolución e a aprendizaxe perpetua. En definitiva, represéntanos!"
















polbo Eva Rodriguez Portos: "As nosas raíces en min" Fermosura!
Grandíssima Paula Verde, que envia duas fotos e duas histórias: um trisquel celta e um tattoo mui especial para o seu fillo Héctor. Lede a súa historia, que quere compartir con nós e com esta pequena antologia de tattoos com histórias emocionantes . Moitíssimas graças, Paula, pola túa generosidade! Sentimo-nos mui afortunad@s de poder compartir o significado do tattoo de Héctor com muita gente. Abraços! "O meu nome é Paula Verde e son de Vigo. Adxunto dúas fotos das miñas tatuaxes. A primeira é unha tatuaxe que fixen fai uns 20 anos dun trisquel, símbolo celta ben coñecido. A segunda tatuaxe é a silueta do meu fillo Héctor, o mediano de 3, (ten agora mesmo 4 anos), que fixen fai uns meses. Héctor é galego, galego e ten autismo... O globo azul é un símbolo que se asocia co autismo, para min foi unha forma fermosa de visibilizalo e facerlle sentir a el, que non fala e é un aprendiz visual, que a súa nai tamén quedou marcada para sempre coa súa condición e particular maneira de estar no mundo... Agardo que vos gusten"
merlo
autismo
trisquel ombro atrças
denantes
dragon cor
dragon b!n
dragom sçepia
dragon sepia
dragom b!n
escudo galiza
escudo galiza
dragom e tarasca bN
dragon e tarasca pequenos
dragom tarasca cor
tarasca bn
tarasca sepia
tarasca
tarasca Pablo Fernández Mirás pasounos estas fotos dos seus tattoos, a tarasca e o dragón do Reino Suevo da Galiza e un escudo do antigo Reino da Galiza, e cóntanos: "Boas, estas son as miñas tatuaxes, que forman parte de min e que simbolizan un fogar (unha terra) e un pasado (orixes). Ambas feitas nas pernass, xa que un ten que camiñar sobre o que foi para poder avanzar. Coñecer o pasado axuda a non repetir os mesmos erros no futuro. Un saúdo e fortes apertas." Gracinhas, Pablo, agradecémoscho moito!!
petroglifo rock carvalho
amazonas
castaña
cabalo Adrian Piñon Calvar trae outra tatuaxe: pura raza galega! Graciñas!
traxe tradicional
espada antenas
gaita
Lagarto
Lagarto Tania Tania Plaza Garcia passa-nos a foto deste tattoo de Ana do Carvalhinho: o lagarto pintado!
celta liqen
Celta liqen
celta liqen
lobo liqen
lobo liqen Aqui está! Aqui temos dous tattoos de Liqen, um dos nossos artistas mais internacionais: Um símbolo celta e um lobo! Lemos no blogue www.niquelarte.org umhas palavras de Adela sobre este artista da arte urbana contemporánea que tamém se tem expressado através dos tattoos: "Liqen é un dos nosos graffiteros máis sorprendentes. Abráianos coa súa técnica, cos seus deseños, coas súas viaxes humanoides, cronomórficas e mithofantásticas, coas súas cores...con todo o que crea."
amazonas Diego Agharra Tequevai conta-nos: "Mándovos aquí a miña tatuaxe. Foi feita en Brasil na Amazonia por un tatuador paraguaio. Estabamos tentando decidir entre os dous o que poderíamos facer nas miñas costas cuando de repente surxiu unha fotografía que teño dos pasos do Rio Borbén que hai na miña aldeia. Pregunteille a Alberto se era posible tatuar aquela escena da terra e díxome que si. Rapidamente comezou a debuxar e decidiu ir engadindo outros elementos.. Ao final decidín pór os meus nomes... Meus pais nomeáronme como Diego, mas o referencial era a casa de Dego, a dos Xuliáns é a da miña nai. Por iso aparecen os dous como raíces da composición!! Hai carballos, unha lúa e así o terminamos! Moi boa oportunidade de mostrar o que foi feito pensando na Galiza!" Bravo!
marinheiro Luzi Martínez envía esta foto e cóntanos: "Ola! envíovos a tatuaxe que me fixen fai un tempo, parece unha simple frecha pero non o é. A Guarda é o único lugar da Galiza onde os mariñeiros aínda empregan símbolos para marcar os seus aparellos de pesca e demáis pertenzas, esta é a marca que emprega o meu pai. Déixovos un link dunha asociación onde están facendo un estudio e recollida das marcas. Un saúdo" https://www.youtube.com/watch?v=HYBxQ3XUFA8&feature=youtu.be http://www.anabam.org/ETNOGRAFIA.%20MARCAS.html
trisquel ombro
trisuqel muller ombro
toxo costas
toxo flor
Marijó Moas envía...."Un toxo!!! xa o teño dende fai máis de 10 anos, a foto detalle está feita ao pouco de facelo en Hipnosis Tattoo en Santiago."
Gracinhas
autismo
tirsquel nocello
bruxa
estrela
torre de hércules

pandereteira perna
E aqui vai outra tatuagem que nos passa Manuel Troitiño, através de Tania Plaza Garcia,, doutro lagarto pintado que lhe da ao rabo!
Santi Varela conta-nos... "Ola, boas, déixovos o meu tattoo grazas a unha amiga que me dixo do voso concurso. É unha gaita coas iniciais de meus pais e meus irmáns. Espero que vos guste e noraboa pola iniciativa saúdos"
Aqui vai o trisquel de Santi de Laro, que nos conta, desde o exílio económico: "Por certo, por se hai quen non o vexa, esa mancha que rodea o traballado trisquel, é a mancha na que vivimos, aínda que sexa só no espírito.
Foi un deseño que me levou tempo decidir, pero cun gran significado.
Fíxen esta obra nas costas cando decidín deixar a Terra.
Porque alá a onde vaia, fale na lingua que fale... A Terra, a cultura, a honra e a responsabilidade de ser Galego vai sempre comigo."
Estamos contigo, Santi!
autismo





Sem comentários:
Enviar um comentário